COMENTARIO CIDADE DE DEUS

Esta película está ambientada nunha favela de Río de Janeiro coñecida como “Cidade de Deus”.Ten un realismo tan grande que se podería dicir que é un documental.
Representa á perfección un dos principais problemas dos países en vías de desarrollo: a superpoboación e, como consecuencia disto, ó afinamento da poboación en barriadas donde cada día sobrevivir é un reto para os seus habitantes.
Mostra de moi boa maneira como os seus protagonistas foron encerrados sen ter ningunha culpa nestas favelas donde se envolven po un soño para conseguir escapar das súas miserables vidas.
Mostra tamén como tanta miseria acaba xenerando en case todos os protagonistas violencia. A xente intenta mellorar as súas vidas roubando ou traficando con drogas e isto acaba enxendrando violencia entre bandas rivais pois todos queren ter o maior número de locais para poder controlar o tráfico en toda a favela. Toda esta violencia crea un círculo vicioso de venganzas personais que acaa involucrando á maior parte da xente nunha guerra entre as dúas bandas de traficantes. Unha guerra sin reglas donde hai que comer ós demais para non ser comido e ter un ollo en cada esquina.
Ademais de todo isto demostra como as autoridades con poder presentan unha indifirencia ó conflicto e incluso mostra a corrupción dos policías cando liberan ó maior delicuente de Cidade de Deus a cambio de un puñado de billetes.
Algunhas persoas poden considerar moi forte esta película pero eu creo que representa moi ben a realidade xa que no mundo hai moitas situacións coma esta ou peores e diariamente millóns de persoas loitan por sobrevivir contra a guerra, a fame,etc. e sen ningunha sociedade que os respalde.
Uxía